Cargando resultados...
Máis de 200 persoas participan nunha marcha contra a obesidade en Lugo
Máis de 200 persoas participan nunha marcha contra a obesidade en Lugo
Forma parte do programa A muralla espérate, que organiza a área sanitaria de Lugo para fomentar a actividade física
G24.gal
10/05/2023 20:52
Máis de 200 persoas participaron no programa A muralla espérate, ven camiñar, organizado pola área santaria de Lugo para fomentar a actividade física nos doentes crónicos que teñen seguimento nas consulta no Hospital Universitario Lucus Augusti.
Viñeron con ánimo de completar unha volta completa ao monumento romano, ou o que é o mesmo, andar mais de dous quilómetros.
Canda eles estiveron, acompañándoos no percorrido, representantes das diferentes asociacións que os atenden.
O programa, que prevé catro camiñadas, rematará o 19 de outubro. A próxima cita será o 14 do mes que vén.