Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 20.000 persoas reclaman en Bilbao "a volta á casa" dos presos da ETA

Máis de 20.000 persoas reclaman en Bilbao "a volta á casa" dos presos da ETA

Sare pide que xuíces e fiscais "deixen de retorcer a lei" e permitan, "coa lexislación ordinaria", achegar os reclusos "á casa"

Os organizadores aseguran que unha aplicación da lei ordinaria outorgaría a liberdade condicionada ou a semiliberdade a 110 reclusos

G24.gal 07/01/2023 21:19

Máis de 20.000 manifestantes, segundo a Policía Municipal, convocados pola rede cidadá Sare reclamaron a fin da "política penal de excepción" que se lles aplica aos presos da ETA e pediron "a súa volta á casa". Os organizadores luciron o novo logo co que queren achegar a Euskadi os presos.

Baixo o lema "Etxera bidea gertu" (preto do camiño á casa), os asistentes celebraron que "se gañou unha etapa do afastamento" dos presos da ETA e esixiron que xuíces e fiscais "deixen de retorcer a lei" e permitan, "coa lexislación ordinaria", achegar os reclusos "á casa".

Na mobilización participaron representantes de EH Bildu, Podemos, ERC, Junts, CUP e BNG, así como dos sindicatos ELA, LAB, UXT, Steilas, ESK, EHNE, Etxalde, Hiru, CNT e CXT. Pola súa banda, PNV e CCOO adheríronse á reclamación, aínda que rexeitaron participar na marcha.

Unha lona de grandes dimensión pedía "stop medidas de excepción-Return, Retour, Etxera" e  como unha onda pasaba sobre os manifestantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade