Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 30 chefs galegos participan na cea solidaria polos afectados da DINA

Máis de 30 chefs galegos participan na cea solidaria polos afectados da DINA

Estaban previstos 200 comensais, pero dada a demanda, houbo que ampliar o número de convidados

As entradas custan 500 euros e o menú consta de 16 aperitivos, 3 pratos e postre

G24.gal 13/12/2024 21:20 Última actualización 13/12/2024 21:31

Unha constelación de 18 estrelas Michelin e 35 soles Repsol da alta gastronomía galega foron os artífices dun menú solidario para unha cea benéfica sen precedentes. 

Grazas a tres grandes empresas que corren cos gastos, o cen por cento da recadación chegará aos afectados en Valencia para axudar na recuperación do tecido produtivo.

Nun principio estaban previstos 200 comensais, pero dada a demanda, houbo que ampliar o número de convidados a pesar de que as entradas custan 500 euros. O menú, 16 aperitivos e unha cea de tres pratos e postre.

A recadación será de 100.000 euros e teñen aberta ademais unha mesa cero para donativos que poden facer tanto particulares coma empresas. Esta cita solidaria é tamén histórica, ao xuntar o maior número de cociñeiros de renome en Galicia ata o día de hoxe. De sobremesa haberá coctelería de autor e música con Xoel López e Iván Ferreiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade