Máis de 400 vehículos de ocasión saen á venda no Caroutlet de Lugo
Máis de 400 vehículos de ocasión saen á venda no Caroutlet de Lugo
Celébrase no Pazo de Congresos durante toda a fin de semana
As vendas van a un ritmo similar ás de edicións previas á pandemia
Dende vehículos de alta gama e prezo elevado a todoterreos, furgonetas pequenas ou coches con moita quilometraxe e a prezos reducidos. A oferta de automóbiles nesta edición do Caroutlet de Lugo volve ser abondo ampla e variada e especialmente para quen busca vehículos de venda inmediata e fiabilidade demostrada.
Os asistentes poden coñecer as características dos máis de 400 vehículos que se poñen á venda tanto de xeito presencial coma a través da plataforma en Internet da feira. Pero todos sinalan que é preciso ver, tocar e mesmo escoitar os coches. Tamén coinciden en que este ano se detecta unha suba de prezos.
Nesta edición tamén hai un espazo destinado ás motocicletas de gran cilindrada.
Calcúlase que máis de 5.000 persoas van pasar polo recinto feiral nestes días e que o número de vehículos vendidos vai superar as 80 unidades.