Publicador de contidos
Publicador de contidos

Esta primavera repartíronse en Galicia máis de 7.000 trampas contra as velutinas

Esta primavera repartíronse en Galicia máis de 7.000 trampas contra as velutinas

Adiantar a retirada dos niños é unha das medidas do Plan de vixilancia e control acordado entre a Xunta e a Fegamp

A Asociación Galega de Apicultura vai probar un novo método de loita contra a avespa asiática nesta campaña

G24.gal 28/04/2024 13:40 Última actualización 28/04/2024 14:04

Desde comezos de marzo repartíronse máis de 7.000 trampas contra a avespa velutina. A previsión de Seaga, a empresa pública encargada do plan de vixilancia e control, é que se repartan nesta campaña arredor de 20.000.

As trampas están xeolocalizadas e repártense en función dos avisos recibidos en cada lugar o ano pasado. 

“As provincias da costa xa están cubertas, e en Ourense e Lugo xa se empezou a traballar. Estamos collendo moitas raíñas de velutina, que é o obxectivo neste momento”, explica Luísa Piñeiro, directora de Seaga.

A Asociación Galega de Apicultura vai probar un novo método de loita contra a velutina nesta campaña. O que buscan é inutilizar os niños a través dunha proteína que impide a transformación das larvas.

"Aplícase introducida nun cebo proteico, carne ou peixe. Esta proteína o que fai é impedir a muda, que as larvas se transformen en insectos adultos”, explica José María Bello, tesoureiro da Asociación Galega de Apicultura.

O ano pasado houbo máis de 56.000 avisos por niños de avespa velutina, o que supón un 40 % máis ca no 2022. A diferencia da campaña pasada, a aparición da avespa asiática vai este ano con atraso, arredor de 40 días máis tarde do que é habitual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos