Publicador de contidos
Publicador de contidos

Malestar na Xunta tras o convite do presidente catalán ao cumio hispano-francés

Malestar na Xunta tras o convite do presidente catalán ao cumio hispano-francés

Lamentan que Galicia non foi convidada ao cumio hispano-luso

G24.gal 10/01/2023 16:30

Malestar no Goberno galego tras o anuncio de que o presidente da Generalitat foi convidado a participar no Cumio Hispano-Francés do próximo 19 de xaneiro.

Pere Aragonés aceptou a invitación de Moncloa a asistir á cita que estará presidida por Pedro Sánchez e Emmanuel Macron.

Dende a Xunta lembran que o Goberno galego non foi convidado ao cumio hispano-luso do pasado 4 de novembro pese a solicitalo expresamente. Din que é unha mostra máis de discriminación cara a Galicia.

 "Naquel caso díxosenos por parte do Goberno que non tiñamos dereito a acudir a este cumio e a nós pareceunos unha mala decisión, por iso choca tanto que mes e medio máis tarde se trate de maneira distinta a Cataluña a como se tratou a Galicia hai nada. Isto non é máis que outro episodio de trato discriminatorio cara a Galicia. O que temos que facer é poñelo de manifesto e que a xente saiba que o Goberno non está tratando igual a Cataluña que a Galicia", di Diego Calvo, vicepresidente segundo da Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade