Publicador de contidos
Publicador de contidos

As medidas económicas centrarán o debate sobre o estado da nación

As medidas económicas centrarán o debate sobre o estado da nación

Sánchez anunciará un paquete de medidas económicas para favorecer a clase traballadora

Dende o Partido Popular aseguran que estamos nun momento moi delicado cun Goberno peor que o do 2008

G24.gal 11/07/2022 14:38 Última actualización 11/07/2022 20:45

Sete anos sen debate sobre o estado da nación. Agora chega o primeiro con Pedro Sánchez no medio dun contexto moi delicado. Así que as medidas económicas centrarán o debate, medidas, asegura a voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, destinadas a mellorar a vida da clase traballadora.

"Van ser medidas dirixidas á clase media e traballadora deste país e medidas de resposta a unha situación excepcional", adianta Isabel Rodríguez, voceira do Goberno.

Dende Unidas Podemos esíxenlle ao Goberno un cambio de rumbo e insisten na necesidade de adoptar medidas sociais.

"Ímonos esforzar de convencer o PSOE de que o diñeiro está mellor investido nas propostas sociais que está facendo Unidas Podemos ca en carros de combate ou avións de combate", di Javier Sánchez, de Unidas Podemos.

Este debate sobre o estado da nación vaise celebrar cando a vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, asegura que ao Goberno lle falta alma e tamén "medidas felices".

"É verdade que non abonda con xestionar, digo sempre que a este Goberno lle falta alma e que nos faltan medidas felices", comenta Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda do Goberno.

"Este é un goberno que actúa con corazón, que actúa con intelixencia", responde a voceira do Goberno, Isabel Rodríguez.

E cunha oposición que ve o Goberno incapaz de saír desta situación.

"Afrontamos unha crise semellante á do 2008, pero cun Goberno incluso peor ca o do 2008", di Esteban González Pons, do Partido Popular.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade