Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manifestación de policías e gardas civís en Madrid contra a reforma da "lei mordaza"

Manifestación de policías e gardas civís en Madrid contra a reforma da "lei mordaza"

A plataforma convocante cre que a reforma fará de España un país máis inseguro

O Partido Popular, Vox e o sindicato CSIF tamén apoian a protesta

G24.gal 04/03/2023 14:23 Última actualización 04/03/2023 14:40

"Por unha España máis segura" é o lema da manifestación contra a reforma da Lei de seguridade cidadá convocada por Jusapol, a plataforma formada por efectivos da Policía Nacional e da Garda Civil.

O texto entrou o 1 de febreiro na comisión de interior do Congreso grazas a ERC, pero o Goberno e os socios de investidura seguen sen chegar a un acordo sobre algunhas cuestións como a eliminación das pelotas de goma como material antidisturbios, a desobediencia ou as faltas de respecto aos policías. 

"Queremos que conten con nós, que conten cos profesionais da seguridade, cousa que non fixeron, temos un exemplo recente na aprobación e tramitación da lei de 'só si é si' co desastre que supuxo para as vítimas, que están sufrindo, se se aproban todas as emendas da Lei de seguridade cidadá, ese desastre vaise multiplicar por mil", asegura Agustín Leal, voceiro de JUCIL.

"Estou convencido de que esta é unha lei do goberno de coalición, ou do goberno de colisión para preparar a rúa para enfrontarse ao PP cando sexa goberno", afirma Esteban González Pons, do PP.

"Está marcada polos bilduetarras, polos separatistas de ERC e polos comunistas de Podemos", di o represntante de Vox, Ortega Smith.

Ademais do PP e de Vox, o sindicato do funcionariado, o CSIF, tamén apoia a protesta. Esixe mellorar as condicións da Policía Local e que se recoñeza o persoal funcionario de prisións como axentes da autoridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade