Manifestación dos traballadores de Navantia para pedir un novo convenio colectivo
Manifestación dos traballadores de Navantia para pedir un novo convenio colectivo
O comité de empresa reclama que o Goberno cumpra o compromiso de transformación do asteleiro
Os traballadores de Navantia Ferrol volven saír á rúa para urxir un novo convenio colectivo e un plan estratéxico para os vindeiros catro anos. Este xoves manifestáronse desde a antiga Bazán ata o Concello.
O derradeira pleno da corporación municipal aprobou por unanimidade unha declaración institucional de apoio ó comité de empresa. Pídenlle a Navantia que cumpra o plan de emprego e poña en marcha as infraestruturas pendentes.
Os empregados do naval saíron dende o asteleiro e concentráronse na Praza de Armas.
O Concello ferrolán aprobou unha declaración institucional de apoio por unanimidade na que se lla dá o pleno respaldo da Corporación.
Sepi
O presidente do Comité de Empresa, Miguel Pol, de CC.OO., reclamou por parte do Goberno central que cumpra o compromiso de transformación do asteleiro.
A moción aprobada polo Concello de Ferrol reclama a Navantia que se materialicen os ingresos pendentes do plan estratéxico de 2022, así como a posta en marcha das melloras de equipamento e tecnoloxía no asteleiro.
Os grupos con presenza no Concello "piden a actualización do marco laboral no convenio colectivo, a potenciación de áreas como a Fábrica de Turbinas e reparacións.
Instase a posta en marcha dun novo dique cunhas dimensión idóneas para poder reparar toda a frota que transita polo corredor atlántico.