Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de Estás, en Tomiño, maniféstanse contra os ocupantes ilegais dunhas vivendas

Veciños de Estás, en Tomiño, maniféstanse contra os ocupantes ilegais dunhas vivendas

Pouco despois da protesta unha das casas sufriu un incendio cuxa orixe están a investigar

G24.gal 11/03/2024 14:07

Cacharrada dos veciños de Estás contra os ocupantes ilegais de tres vivendas nesta parroquia de Tomiño. Segundo conta un veciño, "hai unhas casas abandonadas que semella que as ocupou xente de fóra, os botaron e volveron, agora plantáronlle lume hai dous días. A xente quéixase, porque en concreto aquí, ao meu carón, na casa social, marchou o chico e entraron a roubar as tres e pico da mañá, e sobre as catro entraron roubar, rompéronlle a persiana. A xente está moi incómoda porque aquí que somos poucos veciños, vivir con esa inquedanza, de non poder marchar da casa, que se veñen ou non...".

Os veciños viven preocupados dende hai uns meses polos roubos continuos nun lugar que sempre foi moi tranquilo. "Preocupados, si, porque conforme entraron en varias casas, colle o pan, entraron na Social, claro, a xente está asustada, xa non podes marchar da casa tranquilo coma antes, agora hai que deixalo todo pechado, porque claro... Tamen entraron na escola e levaron mesmo a froita que tiñan para os rapaces, vivimos aterrorizados". 

A alarma saltou horas pouco despois da manifestación, cando un incendio calcinou unha das tres vivendas ocupadas. A policía investiga á orixe das lapas.

A Garda Civil detivo tamén unha parella relacionada cos roubos á que atribúen catro delitos de roubo con forza e outro de furto e roubo de vehículo. A principios de anos xa foran detidos e postos en liberdade con cargos por feitos similares. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade