Cargando resultados...
Manifestación no Carballiño para reclamar melloras no centro de saúde
Manifestación no Carballiño para reclamar melloras no centro de saúde
Piden melloras na planificación dos recursos humanos e incorporación de pediatras
G24.gal
14/01/2024 21:14
Centos de persoas manifestáronse este mediodía no Carballiño para reclamar máis pediatras na comarca. A marcha, que saíu da praza do Emigrante, rematou no centro de saúde.
Alí puideron escoitarse as principais demandas dos que participaron na mobilización: melloras na planificacións dos recursos humanos e a incorporación de pediatras para atender a poboación deste lugar. Aseguran que o especialista que se xubilou non foi substituido e tamén hai carencias na cobertura doutras baixas. Na marcha participou a voceira nacional do BNG.