O Estremadura segue na 1ª RFEF con só 14 xogadores do filial: “Non nos rendemos”
O Estremadura segue na 1ª RFEF con só 14 xogadores do filial: “Non nos rendemos”
Os estremeños, en proceso de disolución, esperan un milagre
Os xogadores do primeiro equipo xa ficharon por outros clubs
En Zona mixta falaron con Manu Mosquera, adestrador galego do Estremadura, no autobús de viaxe cara a Bilbao para xogar o que podería ser o seu último encontro polo proceso de disolución xudicial en que están inmersos
Unha última esperanza
O adestrador coruñés aínda espera que se poida solucionar a situación económica:
"Parece un paradoxo, pero os rapaces están superilusionados"
Só conta con xogadores do filial e nin sequera poderá esgotar os 5 cambios aos que ten dereito.
Comprende os que marcharon
A difícil situación económica fixo que, logo de levar seis meses sen cobrar nada, moitos marcharan.
"Só aguantamos os do corpo técnico, algún vive en Almendralexo e pode permitilo aínda, os demais, pois como podemos. Por suposto, comprendo que marcharan os xogadores do primeiro equipo, a situación era insostible"
En caso de disolución, os traballadores serían os primeiros en cobrar, pero é algo que non quere pensar:
"Nós temos asegurado, en principio ao cen por cento, o cobrar o que nos deben. Non é o mesmo caso dun cesamento ou dimisión, xa poderiamos fichar inmediatamente por outro club e da mesma categoría incluso"
"Si que che pasa pola cabeza algunha vez que acabe todo, pero ao segundo recuperas o ánimo e a ilusión e incluso sacas un sorriso na boca"