Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manu Sánchez, un dos 91.553 do Camp Nou: "Isto é unha carreira imparable"

Manu Sánchez, un dos 91.553 do Camp Nou: "Isto é unha carreira imparable"

O exadestrador do Dépor estivo presenciando o histórico Barça-Madrid feminino

G24.gal 31/03/2022 16:16

Por Zona mixta pasou Manu Sánchez, exadestrador do Deportivo feminino, para contarnos como viviu o histórico partido no Nou Camp, con 91.553 presenciando o F. C. Barcelona-Real Madrid, a maior asistencia mundial a un encontro feminino

Un paso adiante que o cambiará todo

"Sendo excepcional o de onte, hai que dar a importancia de algo que se fixo e se está a facer ben. Non é real porque non pasa cada semana, pero é moi importante. Trasladar a rivalidade do Barça-Madrid ao feminino é positivo. Os dous van seguir investindo para competir e mellorar, non lle gusta ao Madrid verse superado polo Barça"

Fútbol profesionalizado

"A profesionalización deste fútbol co novo convenio foi o pulo definitivo concretado co de onte. É un paso importantísimo de cara á igualdade, sobre todo. Tamén o núcleo de xogadoras do Barça, que é o da Selección, vai ser moi importante para as competicións internacionais"

Novos referentes para as que comezan

"Para as rapazas é moi importante ter referentes. Alexia Putellas igual tiña de referente aínda un xogador, ou en certo momento a Vero Boquete, e agora as novas xa teñen ese referente: Alexia, que vai ser moi importante para o futuro do fútbol feminino".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade