Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manu Taibo: "Estou moi contento coas catro medallas nos Europeos"

Manu Taibo: "Estou moi contento coas catro medallas nos Europeos"

O patinador  galego acadou grandes resultados no torneo continental 

G24.gal 18/09/2022 09:54 Última actualización 18/09/2022 11:37

Unhas das modalidades  máis descoñecidas para o gran público é a patinaxe de velocidade. Unha disciplina onde o oleirense Manu Taibo é parte das grandes esperanzas españolas en tódalas competicións internacionais. A patinaxe de velocidade aínda non é olímpica, status que quere acadar para a cita do ano 2028. Mentres, o deportista galego, céntrase tamén no adestramento sobre xeo, en Alemania, e poder así optar a ser olímpico nas edicións invernais. 

Manu Taibo conversou coa Radio Galega sobre o pasado Europeo en Aquila. 

"Estou moi contento cos resultados. Algunhas carreiras saíron ben, outras non tanto. O obxectivo é sempre gañar, pero logo levaba moito tempo sen participar en competicións internacionais. A remuda de 3 mil metros é unha carreira moi bonita de gañar, é especial porque a consigues cos compañeiros. Durante o ano somos rivais pero non deixamos de ter boa relación. Como compañeiros é un luxo telos e ter éxitos con eles"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar