Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manu Taibo, o neno prodixio da patinaxe apunta ao Mundial

Manu Taibo, o neno prodixio da patinaxe apunta ao Mundial

O oleirense logrou catro metais no europeo e afrontará a cita mundial en novembro

G24.gal 23/09/2022 21:30

Con tan só catro anos, Manu Taibo descubriu unha inclinación especial pola patinaxe que co paso do tempo se converteu nunha auténtica destreza para a velocidade. Axiña chegaron os títulos sobre rodas, como os catro metais que logrou recentemente no campionato europeo. En cuestión de semanas, Manu poñerá rumbo á Arxentina para competir no Mundial que se disputará en novembro en Bos Aires.

O oleirense, o representante máis ilustre da Sociedade Deportiva Cultural Rabadeira, segue medrando coa aspiración de deixar a súa pegada en campionatos europeos e mundiais.

Manu sorrí ante a posibilidade de volver cun metal colgado ao pescozo. Ten 19 anos e moito percorrido por diante. Non fai moito abriuselle outra porta, a da velocidade sobre xeo. Acaba de regresar cunha prata do Mundial Xúnior disputado en Austria. Era a súa primeira participación co combinado español.

Así que nada máis remate o Mundial da Arxentina, regresará a Alemaña, onde a selección prepara o campionato do mundo de febreiro de 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar