Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manzaneda inaugura a tempada de esquí e abre a primeira pista

Manzaneda inaugura a tempada de esquí e abre a primeira pista

As primeiras neves, e os canóns logran a neve necesaria para habilitar a primeira pista, a do Xeixo

As baixas temperaturas de entre -2 e -5 graos desde o mércores axudaron a conservación da neve

G24.gal 14/12/2024 11:30 Última actualización 14/12/2024 22:57

Arrinca esta fin de semana a tempada de esquí na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda. 

Esta fin de semana abre con neve para uso turístico e familar e cunha pista para prácticar o esquí, segundo explican desde a estación de montaña.

As primeiras neves do ano, caídas esta samana pasada e os traballos dos canóns de neve, axudados polas baixas temperaturas fixeron posible a apertura da pista, a do Xeixo; desde o mercores as temperaturas están entre os menos 2 e menos 5 graos baixo cero.

Os visistantes terán a súa disposición todos os servicios habituais complementarios de restauración, a piscina, o spá, o rocódromo e o telesilla para acceder a pista do Xeixo.

Os telesquís tamén van estar en funcionamento e un servicio de transporte continado entre o aparcamento e as intalacións, desde ás 10:00 ás 18:00 horas.

Os accesos por estrada á estación de esquí están abertos e circúlase con total normalidade.

Non foron poucos os que este sábado acudiron a estrear os esquís

Non son poucos os que estaban esperando esta fríaxe, e se non que llo digan aos entusiastas que esta mañá se achegaron a Manzaneda, a estrear os esquís. É é que a estación abría as súas portas por primeira vez no que vai de ano.

A ponte da constitución deixou fortes nevaradas no norte da península e Galicia non foi menos. Aproveitando o tirón, a Estación de Esquí de Manzaneda decidía abrir as súas portas durante esta fin de semana. E non faltaban xa algúns dos seus incondicionais achegándose  as instalacións para desfrutar das súa primeiras carreiras pola neve.

Segundo o parte da estación de montaña, hai unha pista en activo, o Xeixo, e dous remontes operativos. Ainda que a maioría dos tramos están pechados polo momento, os datos da estación apuntan a que esta apertura das instalacións realízase un mes antes que o ano pasado, grazas ao traballo durante toda a semana dos canóns de neve.

A estación estará aberta tamén mañá domingo,  polo que constitúe unha inmellorable excusa para achegarse á natureza. Dende o Centro de Tráfico do Noroeste manteñen que a estrada de acceso á estación está aberta, sen incidencias e sen restricións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar