Marisol Arias: "Poñemos as conferencias de prensa de Nadal como exemplo para os rapaces"
Marisol Arias: "Poñemos as conferencias de prensa de Nadal como exemplo para os rapaces"
A psicóloga deixou o Deportivo hai 9 meses para traballar na Academia de Rafa Nadal
Por Zona mixta na Radio Galega pasou Marisol Arias, psicóloga fichada pola Academia de Rafa Nadal que falou sobre o seu labor cos rapaces en Manacor
O concepto de 'nadalada'
A resiliencia máxima foi a que demostrou o tenista de Manacor na súa vida, e especialmente no partido co que gañou o Aberto de Australia, de aí que se creara un termo especial:
“Unha ‘nadalada’ é a humildade máis absoluta. “Hai que acuñar este termo nos libros de psicoloxía. Significa poñer o foco no presente, a clave é esa”.
Os cativos, esponxas de aprendizaxe
Marisol ensina a rapaces de 5 a 14 anos e o exemplo de proximidade e humildade de Rafa Nadal é moi importante para eles. Faino de xeito integrado cos adestramentos deportivos.
"Cando chegan veñen só coa idea de gozar deste deporte. A partir dos 14 anos, se vemos que se queren dedicar profesionalmente xa lles inculcamos a capacidade de gañar, sempre sabendo xestionar a derrota".