Publicador de contidos
Publicador de contidos

Martes e 13, un día de mala sorte para os supersticiosos

Martes e 13, un día de mala sorte para os supersticiosos

 O martes 13 perde prexuízos e cada vez son máis os que buscan neste día a boa sorte

Hai que empezar o día pisando co pé esquerdo
G24.gal 13/12/2022 15:03

 "Terías un décimo en 13?", pregunta unha señora

 "Non, non hai nada en 13", contesta a loteira

É unha data satanizada porque simboliza a mala sorte, pero o martes e 13 ten os días contados. Cada vez son máis os que lle dan volta ao significado.

"En martes e 13 sempre boto unha primitiva ou boto algo diferente aos outros días, porque me parece que me vai dar sorte", comenta unha señora.

 "Se era martes e 13, saíame o exame caralludo, saíame o exame fabuloso", apunta outra.

"Ben, algo aí si que hai, o día da mala sorte", di un rapaz.

Pois esta mañá había moitos que nin repararan en que hoxe era oficialmente o día da mala sorte.

 "Nin me decatei, a verdade, a min dáme igual", opina unha muller.

 "Vino porque tiven que poñelo nun papel pero non sabía, non me fixara", conta un rapaz.

 "Ah, martes 13, nin cases, nin embarques", decátase unha señora.

Hai quen o tiña máis presente, pero por outros motivos.

 "Si, acabo de decatarme agora mesmo porque é Santa Lucía"

"Seino ben porque nacín o día de hoxe".

Supersticiosos, non demos con moitos, pero si con algúns deses de "por se acaso".

 "Iso si, que toco madeira cando se fai algún comentario sobre saúde e esas cousas, e pasar por debaixo dunha escaleira tampouco me gusta moito. Supersticioso non son, se queres un dez por cento".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade