Case toda Galicia rexistra este mércoes máximas por riba dos 20ºC
Case toda Galicia rexistra este mércoes máximas por riba dos 20ºC
As temperaturas máis altas serán en Ourense, con ata 23 graos
Na costa tamén rozarán os 20ºC, desde Ribadeo ata A Guarda
Para soltar a chaqueta en Ourense fan falta unhas horiñas.
"Á mañá, por aquí vai frío. E á noite, tamén", di unha veciña mentres atravesa a ponte vella.
Tres graos e medio, exactamente, foi a mínima da noite, fronte aos 23 que se agardan para esta tarde. Non será só Ourense. Tamén hai previsión de chegar aos 23 graos na comarca do Ribeiro, en Valdeorras e no sur de Lugo, en Monforte e arredores.
"Paréceme perfecto. Oxalá fora así sempre, pero isto é Galicia e non podemos estar como Andalucía", di outro veciño.
E na costa, pouca diferenza. Hoxe rozaranse os 20 graos en todo o litoral galego, desde Ribadeo ata A Guarda, pasando por Vigo, Pontevedra e A Coruña, onde xa gravamos escenas de praia pola mañá.
Collendo reservas de sol para cando volva a chuvia. Mañá mesmo entra unha nova fronte, pero de momento non se prevé moita auga.