Mecalia Guardés e Porriño obteñen resultados positivos diante das súas afeccións
Mecalia Guardés e Porriño obteñen resultados positivos diante das súas afeccións
As da Guarda venceron o Valladolid e recortáronlle postos na táboa
O conxunto porriñés sorprende e empata na última xogada ao Bera Bera
Os dous equipos galegos da liga feminina de balonmán obtiveron resultados positivos nos seus partidos, ambos na casa.
O Mecalia Atlético Guardés segue coa súa progresión na Liga feminina. Esta tarde acadou a súa sexta vitoria consecutiva. As galegas venceron por 33 a 26 diante do Valladolid, rival que queda un so punto por riba na táboa. María Palomo e Ania Ramos, con cadanseus sete goles, comandaron un triunfo que se achegou cun parcial de 5 a 1 mediada a primeira metade. Na segunda parte administraron a renda de sete goles ata a vitoria final.
E o Conservas Orbe Rubensa Porriño empatou na súa pista diante do potente Bera Bera. As galegas fuxiron no marcador cun parcial de tres a cero antes do descanso, ao que se chegou 12-10. Tras o paso polos vestiarios viviuse un partido igualado ata un novo parcial de catro cero para as galegas. Pero o Bera Bera non se rendeu, chegou a colocarse con vantaxe cun un a seis. Na última acción do encontro ía chegar o empate, por medio de Paulina Buforn para rescatar un punto. Ela e Mica Casasola anotaron cadanseus 6 goles.