Méndez, sobre os eólicos: "Que se deixe de paralizar proxectos que son vitais para o desenvolvento da industria"
Méndez, sobre os eólicos: "Que se deixe de paralizar proxectos que son vitais para o desenvolvento da industria"
Méndez, sobre os eólicos: "Que se deixe de paralizar proxectos que son vitais para o desenvolvento da industria"
O responsable de Estratexias Industriais de CCOO afirma que a paralización dos parques eólicos deixa no aire milleiros de postos de traballo
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou recentemente as licenzas de instalación e de construción de varios parques eólicos en territorio galego.
Foi o caso dos polígonos de Campelo e Bustelo, ou da suspensión da autorización do parque Lagoa II.
Falamos de parques que contaban coa autorización previa do Goberno galego e dunha decisión xudicial que provocou reaccións diversas, por exemplo, entre os sindicatos.
En CCOO din estar preocupados porque se está ameazando, aseguran, o desenvolvemento industrial de Galicia.
Francisco Méndez, responsable de Estratexias Industriais de CCOO, afirmou nunha entrevista na Televisión de Galicia que do desenvolvemento das enerxías renovables dependen milleiros de traballos vinculados á industria electro-intensiva
"Aí está o caso paradigmático de Alcoa, que depende de dous contratos de subministración bilateral de enerxía de máis dun milleiro de megawatts eólicos, que están ameazados por estas resolucións, entre outros casos".
Méndez dixo que estas resolucións teñen un impacto na economía de Galicia, cando se está a levar adiante un cambio de modelo produtivo, despois de pechar as centrais térmicas porque tiñan un impacto inasumible no medio natural e para o cambio climático.
Para CCOO a enerxía eólica é parte para solucionar os problemas derivados do cambio climático, como son os incendios forestais, ademais de ser un freo, aseguran, para o futuro.
"O problema das resolucións é que teñen máis peso informes de parte que informes feitos por funcionarios da Xunta, cuxa profesionalidade se pon en dúbida. A avaliación de impacto ambiental é un proceso complexo, longo, que require varios informes de técnicos distintos da administración, e algúns parques levan ata sete anos parados", segundo o responsable de Estratexias Industriais de CCOO.
En CCOO din levar anos defendendo que se fixe capacidade produtiva en Galicia e se deixe de paralizar proxectos que son vitais para o desenvolvento da industria.