Cargando resultados...
Os accidentes seguen a producirse a diario na A-55, aínda que menos graves
Os accidentes seguen a producirse a diario na A-55, aínda que menos graves
A maior cantidade dos sinistros rexístranse ao paso desta autovía polo concello de Mos
G24.gal
11/05/2023 14:35
En menos de trinta minutos e nun tramo de catro quilómetros rexistráronse dous accidentes na A-55. Nun deles houbo catro feridos leves e retencións de cinco quilómetros. Son sinistros habituais nesta vía, e máis en días de chuvia.
A maior porcentaxe prodúcese á altura do concello de Mos. Os límites de velocidade, a reparación do firme ou os radares diminuíron os accidentes e a súa gravidade. Porén para os usuarios non son as solucións.
Milleiros de condutores empregan a diario unha vía que continúa na lista das máis perigosas de España.