Cargando resultados...
Os apicultores galegos lanzan un SOS
Os apicultores galegos lanzan un SOS
Denuncian que o que lles pagan polo mel non lles chega para cubrir os custos de produción
Este xoves, día 9, maniféstanse ante a sede do Ministerio de Agricultura
G24.gal
06/03/2023 13:05
Os produtores de mel din que están pasando por unha situación dramática. Subíronlles todos os custos de produción, especialmente os produtos para envasar, e a eles páganlles un 20 % menos.
Tamén piden frear a entrada de mel doutros países cunha etiquetaxe insuficiente e a un prezo moito máis barato.
Este xoves van esixir medidas inmediatas ante o Ministerio de Agricultura, como axudas directas. Do contrario, din, desaparecerán moitas explotacións profesionais, por non poder manterse.