Miguel Mandayo, xogador do Vitoria C. F.: "Se xogamos cun Primeira, vouno petar no Tik Tok"
Miguel Mandayo, xogador do Vitoria C. F.: "Se xogamos cun Primeira, vouno petar no Tik Tok"
Ten claro que prefire o fútbol ás redes sociais
Só coñecen o rival, o Hernani, desde hai dous días
O Victoria C. F., un club modesto coruñés, pode facer historia se pasa a eliminatoria de Copa contra o Hernani Vasco. Sendo así, enfrontaríase a un Primeira División. Miguel Mandayo pasou por Zona mixta para contar como o está vivindo.
365.000 seguidores no TikTok
Miguel gusta moito de imitar os seus profesores e dar consellos para 'ligar' na famosa rede social de vídeos curtos, o TikTok, pero deixou claro que "prefiro o fútbol ás redes, mañá xa deixei claro que nada de TikTok", e que fai caso ao adestrador no campo, pero "aos 'tips' que me dá para os vídeos, non lle tiro moito proveito", recoñeceu entre risos
Iso si, ten clara unha cousa: "Xa deixei claro que mañá nada de redes sociais”
Só pensan no partido de Copa
O xogador do Victoria recoñeceu que tanto el como os seus compañeiros non teñen outro tema de conversa: “Desde o sorteo é complicado pensar noutra cousa”
Pero claro, o máis impactante pode ser pasar de eliminatoria e enfrontarse cun dos grandes: Barça, Real Madrid, Real Sociedad, Celta, Sevilla. “Se xogamos cun Primeira, van subir os seguidores, sería incríbel”, di ilusionado.
E xa dándolle unha volta máis, por que non soñar...: “Marcar no Bernabeu? Sería incríbel", conclúe.