Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tellado: "A Comisión do Senado sentará os socialistas responsables da corrupción"

Tellado: "A Comisión do Senado sentará os socialistas responsables da corrupción"

A comisión de investigación da cámara alta sobre os presuntos contratos irregulares de material sanitario na pandemia comeza este luns

O voceiro do PP no Congreso sinalou que Salvador Illa ten na súa comparecencia a oportunidade de esclarecer o acontecido no caso Koldo

Tellado cualifica de "distracción" a comisión impulsada polo PSOE no Congreso, que tamén comeza este luns

G24.gal 21/04/2024 19:20 Última actualización 21/04/2024 20:22

Este luns comeza no Senado a comisión de investigación sobre os presuntos contratos irregulares de material sanitario asinados durante a pandemia. Nesa primeira sesión comparecerá o exministro de Sanidade, Salvador Illa.

O voceiro do PP no Congreso sinalou que Illa ten nesa comparecencia a oportunidade de esclarecer o acontecido no caso Koldo. Segundo dixo Miguel Tellado, a comisión de investigación na Cámara alta "permitirá sentar os responsables do PSOE" dese "caso de corrupción". 

"Mentres todos os españois estabamos na casa pechados pola pandemia, un grupo de socialistas levaban mordidas e comisións ilegais a través da compra de máscaras. Estamos falando dunha trama de corrupción que afecta a máis de tres ministerios e a dúas comunidades autónomas gobernadas polo PSOE. Ao mesmo tempo mañá comeza tamén no Congreso dos Deputados a comisión da distracción, unha comisión impulsada polo PSOE para tratar de demostrar que todos somos iguais. Temos que dicirlles que non o conseguirán", dixo Tellado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade