Cargando resultados...
Os milicianos que din estar detrás da incursión en Belgorod convocan a prensa
Os milicianos que din estar detrás da incursión en Belgorod convocan a prensa
Membros dos dous grupos que se atribúen a incursión en Rusia cualifican a operación de éxito
Din que este é só o primeiro paso e convocaron a prensa nun monte en territorio ucraíno
G24.gal
25/05/2023 08:47
Última actualización 25/05/2023 09:26
Os milicianos dos dous grupos que din estar detrás da incursión na rexión rusa de Belgorod convocaron a prensa nun monte preto da fronteira, en territorio ucraíno.
O exército do Kremlin dixo o martes que os derrotara e engadiu que matara máis de setenta nacionalistas ucraínos e que empurraran o resto fóra de Rusia.
Pero estes combatentes din que calquera paso da fronteira é un éxito e que isto foi só o primeiro chanzo.