Publicador de contidos
Publicador de contidos

Militares do Rexemento de Saboia, entre os numerosos peregrinos que camiñan cara a Compostela

Militares do Rexemento de Saboia, entre os numerosos peregrinos que camiñan cara a Compostela

Trátase de 60 integrantes dunha unidade de Infantería con base en Badaxoz

O grupo de 60 militares comezou a súa peregrinación en Sarria
G24.gal 22/03/2024 13:52

Nos negocios do Camiño Francés, ás portas da Semana Santa, din que cada día hai máis peregrinos, xa que o inicio da primavera é o momento elixido por moitos para camiñar cara a Compostela.

É o caso dun grupo de 60 militares do Rexemento de Infantería de Saboia, en Badaxoz. Militares de todas as procedencias e case todos visitando por primeira vez Galicia. O grupo conta tamén con presenza galega.

Subliñan o trato que están a recibir da xente ao seu paso e tamén outros atractivos, como a paisaxe ou a comida. Camiñan case 25 quilómetros diarios. Para algúns era un reto persoal.

Estes militares pertencen ao rexemento antigamente coñecido como o Terzo de Saboia, con case cinco séculos de historia e un dos máis laureados en España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade