Publicador de contidos
Publicador de contidos

Millán Mon pídelle a Bruxelas que exclúa o palangre do veto á pesca de fondo

Millán Mon pídelle a Bruxelas que exclúa o palangre do veto á pesca de fondo

Nunha entrevista no programa Bos días, o eurodeputado galego do PP foi crítico co comisario de Pesca da UE

G24.gal 04/05/2023 10:05

Francisco Millán Mon, eurodeputado galego, é moi crítico coa política pesqueira da Comisión Europea.

"Nós somos moi críticos co Plan de Acción, cremos que é máis político que técnico e cunhas medidas que non se sabe se son xuridicamente vinculantes e carece de asesoramento económico. Un Plan que pensa limitar a pesca de arrastre sen datos científicos", afirmou Francisco Millán Mon, eurodeputado do PP.

O eurodeputado amosouse preocupado tras coñecerse o informe revisado do ICES que ditamina ampliar o número de áreas vedadas á pesca de fondo de 87 a 115. Na última reunión co comisario de Pesca Virginijus Sinkevicius pediulle excluír xa o palangre.

"É unha arte fixa que ten unha pegada medioambiental moi baixa no fondo e non sabemos por que se mestura co arrastre", asegurou Francisco Millán Mon, eurodeputado do PP.

Millán Mon forma parte ademais do grupo no Parlamento Europeo sobre as rutas culturais na UE. Unha das últimas iniciativas aprobadas polo pleno da Eurocámara é instar á Comisión a que sinalice todos os camiños a Santiago en toda a Unión cunha cuncha de vieira invertida.

"Pídeselle á Comisión e aos Estados membros que sinalicen e dixitalicen os camiños en toda Europa", apuntou Francisco Millán Mon, eurodeputado do PP.

Con dúas décadas como eurodeputado, Millán Mon recordou que esta está a ser unha lexislatura convulsa pola guerra de Ucraína, a pandemia e a inflación pero tamén lembrou a crise de 2008 e como a Unión Europa atravesou unha "situación económica moi difícil".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade