Publicador de contidos
Publicador de contidos

Milleiros de obxectos esperan dono en Vigo

Milleiros de obxectos esperan dono en Vigo

Dispoñen dun teléfono, o 986233002, e un correo electrónico, obxectos.perdidos@vigo.org para consultas

Chaves, lentes, carteiras con documentos e móbilles son as estrelas entre os extravíos
G24.gal 03/01/2022 13:46

Sobre un andel de metal, hai caixas cheas de sobres que conteñen os elementos máis pequenos; tamén hai bolsos e mochilas; no mostrador, cubertos por unha vitrina de cristal, chaves e lentes. É a oficina de obxectos perdidos que ten a Policía Local de Vigo.

Todos os obxectos que chegan rexístranse con todo luxo de detalles. No caso das carteiras, que son dos obxectos máis extraviados, xunto cos móbiles, a posibilidade de dispoñer de documentación do seu dono facilita a tarefa de poder contactar con el directamente. Tamén hai cousas insólitas.

"O outro día trouxéronnos uns fardos con material illante de espuma que caeron dun camión de transporte. Non é algo moi habitual, pero como estaban na vía pública, tivemos que recollelo e traelo para aquí", di Javier Pena González, policía local de Vigo.

O epicentro das perdas de carteiras, móbiles, aneis ou paraugas varía segundo a época. No verán, por exemplo, adoita ser a zona de praias. No Nadal coas luces e as atraccións é o centro da cidade.

Un obxecto extraviado está un máximo de dous anos en depósito, e unha vez pasado este tempo sen que ninguén o reclama, hai dúas posibilidades: no caso de que se coñeza a persoa que o atopou pasa a ser da súa propiedade; senón o Concello, que será o encargado de decidir que facer con el. 

A oficina abre os martes e xoves de 9:00 a 13:30 dispoñen dun teléfono, o 986233002, no que reciben entre 80 e 100 chamadas ao día, habilitouse un correo electrónico, obxectos.perdidos@vigo.org, no que os cidadáns poden facer consultas e facilitar fotografías ou descricións dos bens extraviados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade