Publicador de contidos
Publicador de contidos

Millene é sinónimo de gol no Deportivo Abanca

Millene é sinónimo de gol no Deportivo Abanca

A brasileira suma sete dianas en oito partidos

G24.gal 08/03/2024 13:04 Última actualización 08/03/2024 13:07

Sete dianas en oito partidos. O Deportivo Abanca ten unha dianteira casada co gol. Millene é brasileira. Os seus números son semellantes aos de Lucas Pérez no equipo irmán. Non quere, porén, atribuírse máis cota de protagonismo que o resto.

"O que nos define é o traballo en grupo. Non hai unha que sexa protagonista".

Ese potencial leva o Deportivo a liderar a táboa, con seis puntos de renda sobre o Español, e a ser o gran favorito para o ascenso.

"Polo sólidas que somos, penso que si (son favoritas)".

Haberá dobre ascenso branco e azul en maio? Os piares, polo que se ve, parecen rexos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar