Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mingueza ten unha longación no aductor esquerdo e estará dúas semanas de baixa

Mingueza ten unha longación no aductor esquerdo e estará dúas semanas de baixa

A boa noticia é o alta de Javier Manquillo, que deixa atrás a rotura fibrilar sufrida o 12 de setembro

G24.gal 24/09/2024 16:37 Última actualización 24/09/2024 16:43

O Celta informou este martes o alcance da lesión de Óscar Mingueza, unha vez sometido ás probas de imaxe para concretar o diagnóstico. Confirmouse que se trata dunha elongación no aductor esquerdo, polo que non se trata dunha lesión importante, pero si que lle impedirá estar fronte ao Atlético de Madrid e o esperable é que tampouco chegue ao partido fronte ao Xirona.

A boa noticia é a alta de Javier Manquillo, que deixa atrás a rotura fibrilar sufrida o 12 de setembro e que lle fixo ser baixa nas dúas últimas citas, ante Valladolid e Athletic Club; agora, poderá estar ante o seu exequipo.

Mingueza, titular ata o de agora nos seis partidos de liga disputados, retirouse do último aos catro minutos por esta lesión que lle levou ao parte médico. O catalán, un dos xogadores célticos máis en forma no arranque de tempada, resentiuse no primeiro balón que tocaba e tivo que deixar o seu sitio a Marcos Alonso, que ata ese momento só había intervido desde o banco na xornada anterior.

No parte médico tamén seguen Mihailo Ristic, que realiza adestramento parcial co grupo recuperándose dun edema no xemelgo interno dereito, e Luca de la Torre, cunha tendinite nos peroneos do nocello dereito que aínda non lle permite exercitarse cos seus compañeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos