Cargando resultados...
O interior do país rexistra mínimas por baixo de cero graos
O interior do país rexistra mínimas por baixo de cero graos
Os termómetros caeron ata os -2,5 en Calvos e na Mezquita, -1 en Lalín e 0 graos en Verín ou Monforte
G24.gal
23/04/2024 14:02
Tras dúas fins de semana con temperaturas máis propias do verán ca do mes de abril, o tempo devólvenos á realidade do calendario.
Bufandas e abrigos impóñense a primeira hora da mañá con termómetros que roldan os 0 graos ou mesmo valores negativos.
A medida que avanza do día as máximas chegan a superar os 20, un contraste térmico propio da primavera que se nota especialmente no interior.