Míriam Sempere: "Este partido había que gañalo si ou si"
Míriam Sempere: "Este partido había que gañalo si ou si"
A porteira do Atlético Guardés atendeu o Galicia en goles tras o encontro na Sangriña
Tras un mal arrinque de partido, o conxunto pontevedrés deu recuperado o ton de xogo e acabou goleando ao Oviedo, ao cal superou por nove tantos, que ben puideron ser máis.
Na zona mixta pasou polo micrófono da Radio Galega a porteira Míriam Sempere.
"Escoitar a xente berrar MVP fai as cousas máis doadas. Era un partido que había que gañar si ou si. Tiñamos que pór da nosa parte, todas. Estar todas a unha. Ter paciencia e ir pouco a pouco traballando cada ataque. Puidemos facer o noso xogo cando os árbitros pararon a defensa tan forte e agresiva que tiñan. O bo foi non entrar no seu xogo. A afección está sempre, aínda que o venres non sexa o seu día favorito".