Publicador de contidos
Publicador de contidos

Misión Artemisa: a NASA volve á Lúa 50 anos despois para establecer unha base fixa

Misión Artemisa: a NASA volve á Lúa 50 anos despois para establecer unha base fixa

Este sábado volverá intentar lanzar a nave espacial non tripulada

G24.gal 02/09/2022 20:43

Todo volve estar preparado no cabo Cañaveral para lanzar este sábado a nave espacial Orion con destino á Lúa.

A NASA confirmou en conferencia de prensa que a causa de que abortaran a engalaxe o luns foi un problema nos motores. Todo parece resolto e as condicións meteorolóxicas son propicias, pero iso non é unha garantía total de éxito.

"Non hai garantía de que saiamos o sábado, pero imos intentalo", explicaba o director da misión.

Orion, o foguete máis potente nunca construído, non leva tripulantes. É o primeiro dos tres voos previstos da misión Artemisa, un ambicioso proxecto para establecer a vinte anos vista unha base fixa na Lúa.

O segundo voo, xa tripulado está previsto para 2024. O seguinte, coa primeira muller e o primeiro home negro a bordo, un ano despois.

Ter unha base fixa na Lúa sería tamén o primeiro paso para intentar enviar unha misión tripulada a Marte. Pero iso aínda é ciencia ficción. De momento o horizonte inmediato para a NASA é poñer en marcha a misión Artemisa este sábado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade