Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moita afección na primeira xornada do Concurso de Saltos Internacional da Coruña

Moita afección na primeira xornada do Concurso de Saltos Internacional da Coruña

Moito nivel nas primeiras probas necesarias para pasar ao Gran Premio do sábado

Un dos participantes nas probas clasificatorias da cita internacional
G24.gal 14/07/2023 21:30 Última actualización 14/07/2023 21:41

Primeira xornada do Concurso de Saltos Internacional da Coruña na Hípica Casas Novas. Esta tarde puidemos ver as primeiras probas, necesarias para pasar ao gran premio do sábado

2016 foi clave para o concurso cando pasou a acoller unha das etapas da Copa do Mundo de Salto Longines. Nesta edición número 40, a Hípica Casas Novas de Arteixo está máis ca asentada no circuíto internacional, como testemuñan a cantidade e calidade de xinetes e cabalos de todo o mundo, entre os que tamén hai galegos Como Javier González.

Nestes anos Casas Novas conseguiu crear canteira coas súas clases e actividades como campamentos de verán e recibir gran cantidade de afeccionados que xa saben moi ben o que están a ver, malia que moitos comezaron a vir só por curiosidade.

O centro dispón de cortes para cabalos propios e para os que compiten durante o ano, nas citas de inverno e verán como esta. Mañá, sábado, será o gran día. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade