Moita intensidade pero sen goles no derbi da Malata
O Racing de Ferrol e o Deportivo empataron a ceros nun partido no que as mellores ocasións foron locais
O colexiado anuloulle un gol a Nathan Palafoz logo dun penalti a Alayeto
Non houbo goles na Malata, pero iso non quere dicir que non houbese emoción. Logo duns minutos de tanteo, o protagonismo foi para Dani Nieto. O dianteiro racinguista tivo as mellores ocasións dos locais. Estas dúas que vemos foron da primeira metade.
E a máis clara sería no treito final do partido, cando o árbitro asubiou penalti de Bergantiños sobre Alayeto. Lanza Dani Nieto, e o balón topa co traveseiro. O rexeitamento remátao á rede Nathan, pero o tanto é anulado por falta no salto. Ao final, 0-0.
Isto dicía Parralo logo do partido
E esta era a reflexión de Borja Jiménez