Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moncho Fernández só pensa en gozar do momento e non desvela o seu futuro

Moncho Fernández só pensa en gozar do momento e non desvela o seu futuro

Cre que o Obradoiro debe intentar seguir crecendo deportivamente pero sen “perder o norte”

Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal 24/05/2023 13:27 Última actualización 24/05/2023 13:32

Moncho Fernández, adestrador do Monbus Obradoiro, considera que o club santiagués debe ser “ambicioso” e tentar seguir crecendo deportivamente pero sen “perder o norte”.

“Temos que ser moi conscientes da nosa realidade, é moi importante non perder o norte. Fuenlabrada descendeu despois de 20 anos na ACB, e hai moitos outros equipos que pelexan duro para estar onde estamos nós. Por iso, hai que estar moi contentos de seguir na ACB”, asegurou o técnico santiagués.

Moncho Fernández, que acaba contrato coa entidade que preside Raúl López o próximo mes de xuño, dirixiu onte á noite ante o Fuenlabrada o seu partido 399 no Obradoiro, ao que chegou en 2010.

O seu futuro é, á espera dunha reunión cos dirixentes, unha incógnita.

“Agora é tempo de gozar, de avaliar o rendemento do equipo e logo o futuro xa virá. Agora mesmo só penso en gozar cos xogadores do conseguido porque se o Valencia gaña ao Breogán seremos décimos, a segunda mellor clasificación na historia do equipo”, apuntou.

Unha décima praza que, en caso de confirmarse, podería abrirlle as portas dunha competición europea ao conxunto santiagués, que cumprirá a súa décimo terceira tempada consecutiva na máxima categoría do baloncesto español.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos