Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mondoñedo estrea iluminación para converterse nun destino turístico de Nadal

Mondoñedo estrea iluminación para converterse nun destino turístico de Nadal

O consistorio empregou medio millón de micro lámpadas leed

Ademais dos clásicos adornos hai sete espazos novos 

G24.gal 15/12/2021 21:39

A iluminación do Nadal chega a todas partes. Non só as cidades, tamén as vilas engalánanse e enchense de luces de cores. Un exemplo é Mondoñedo, unha vila galega que non perde comba coa iluminación de Nadal.

Ademais dos clásicos adornos hai sete espazos novos, un deles é La Ponia, ao pé da catedral de Mondoñedo onde vive Papa Noel, pero se queren ir ver os Reis Magos deberán ir ata a fonte vella na praza do concello.

En total o consistorio empregou medio millón de micro lámpadas leed porque queren que a iluminación converta a Mondoñedo nun destino turístico de Nadal. Neste acendido tamén contribúen veciños e comerciantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar