Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lemos, un apelido sefardí: a conexión de Monforte co xudaísmo

Lemos, un apelido sefardí: a conexión de Monforte co xudaísmo

A cidade do Cabe ingresou na rede en 2001

Queren seguir investigando o pasado hebreo de Lemos

G24.gal 16/12/2022 20:43

Dende hai máis de vinte anos, Felipe Aira dedícase a investigar o pasado de xudeus e conversos en Monforte.

Froito dos seus traballos, a cidade do Cabe ingresou na rede de xuderías de España, da que agora asume a presidencia. Sen dúbida, unha oportunidade para afondar no coñecemento da cultura hebrea en Galicia e da comarca de Lemos en toda España.

No final da idade media chegou a haber ata 12 familias xudías en Monforte e foron moitos os que decidiron quedar como conversos logo da expulsión de 1492. Por iso, aínda hai hoxe familias sefardís por todo o mundo que levan o apelido Lemos. Un pasado que hai que seguir investigando.

A celebración estes días da hanuká, o aninovo xudeu, é unha boa ocasión para saber máis da pegada hebrea que fixo medrar e prosperar a Monforte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade