Cargando resultados...
Monterroso celebra a súa tradicional Feira de Aninovo
Monterroso celebra a súa tradicional Feira de Aninovo
G24.gal
01/01/2022 16:45
Na tradicional Feira de Monterroro do primeiro día do ano non faltan tampouco os churros. Pero tamén podemos atopar dende roupa ata comida ou plantas. A localidade ten sona pola Feira de Santos, o un de novembro, unha feira con séculos de tradición e con orixe no medievo.
Pero tamén esta feira do día 1 xa é un clásico do seu calendario. Durante anos viamos como os que volvían de festa paraban, por exemplo, a mercar unhas zapatillas para ir máis cómodos para casa, ou coller algo para matar a fame. Hoxe non atopamos os que volven para casa, .pero si que hai veciños que quixeron achegarse a dar unha volta por este surtido de postos, ben surtidos.