Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre a muller do alcalde de Punxín ao caer nunha arqueta de regadío

Morre a muller do alcalde de Punxín ao caer nunha arqueta de regadío

 

Foi o seu marido e a súa irmá, que a buscaban dende as horas de xantar, os que a atoparon morta

Estaba boca abaixo, todo indica que morreu afogada


 

G24.gal 04/07/2023 14:18

Unha muller de 73 anos perdeu a vida no concello ourensán de Punxín, tras quedar atrapada nunha arqueta de regadío, supostamente de xeito accidental.

Sucedeu no lugar de Quintela do Viñao. Os servizos sanitarios desprazados ao lugar só puideron certificar o seu falecemento. A vítima é a muller do alcalde da localidade.

Á espera de confirmación oficial, todo parece indicar que morreu afogada. Os veciños da zona están consternados. 


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade