Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido o home que presuntamente matou o seu fillo de 5 anos en Xirona

Detido o home que presuntamente matou o seu fillo de 5 anos en Xirona

O arrestado fuxira despois de acabar coa vida do menor e acoitelar a nai, de 29 anos, que se atopa ingresada en estado grave

O cadáver do neno trasladarase ao Instituto de Medicina Legal de Xirona para que se lle practique a autopsia

Vivenda en que sucederon os feitos (EFE/David Borrat)
G24.gal 03/04/2024 09:02 Última actualización 03/04/2024 20:18

 O home que presuntamente asasinou esta madrugada o seu fillo de 5 anos en Bellcaire d'Empordà (Xirona) e feriu de gravidade a nai foi detido en plena rúa no municipio veciño de Albons, despois dunha procura que se prolongou durante unhas seis horas.

O arrestado, de nacionalidade española, fuxiría despois de acabar coa vida do menor e ferir gravemente a nai, de 29 anos, que se atopa ingresada no Hospital Trueta da capital xerundense, no que podería ser un novo caso de violencia vicaria.

A detención produciuse pouco despois das 11:00 horas no marco dun amplo despregamento policial por toda a zona para localizar ao presunto asasino.

Unha patrulla dos Mossos d'Esquadra localizouno cando camiñaba pola rúa.O arresto levárono a cabo dúas patrullas uniformadas e outras dúas de paisano, e o presunto asasino foi trasladado á Comisaría da Bisbal d'Empordà.

O alcalde de Bellcaire d'Empordà, Josep Molinas, explicou que o concello activou todos os protocolos para prestar axuda a familiares e amigos da vítima.

O aviso aos servizos de emerxencia chegou pouco despois das 5:00 horas e deuno unha veciña das vítimas, despois de que a nai recorrese a ela en busca de axuda.

Diversas ambulancias do Sistema de Emerxencias Médicas (SEM) acudíronse no domicilio pero os sanitarios non puideron salvar a vida do neno, que faleceu acoitelado.

A nai, ferida por arma branca, atópase estable dentro da gravidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade