Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre asfixiado un septuaxenario cego tras prender unha cabicha mal apagada

Morre asfixiado un septuaxenario cego tras prender unha cabicha mal apagada

Os veciños deron a voz de alarma cando viron saír fume da vivenda

O home vivía só e de forma precaria desde hai tempo en Tordoia

O falecido recibía a asistencia dos servizos sociais do Concello de Tordoia
G24.gal 11/08/2022 14:14 Última actualización 11/08/2022 14:33

Un setpuaxenario morreu na súa casa situada na parroquia de Caballeros, en Tordoia. O home foi atopado polos seus veciños, que deron a voz de alarma cando viron saír fume da súa vivenda.

"Polo visto, chamou unha veciña nosa e dixo que apareceu queimado. O señor vivía só e estaba cego. Hai dous anos pasou algo semellante. Prendeu lume fóra e tiveron que vir os bombeiros apagalo", conta unha muller.

Cabicha mal apagada

Nesta ocasión semella que foi unha cabicha mal apagada a que orixinou o lume. Prendeu nun armario, nun moble auxiliar e na roupa da cama. Non fixo falta a intervención dos bombeiros de Ordes: foron os propios veciños os que apagaron o incendio.   

Na zona contan que o home non se relacionaba cos veciños. Necesitaba a asistencia dos servizos sociais do Concello. O aspecto exterior da casa é moi precario. O Concello afirmou que o falecido tiña electrodomésticos e as necesidades básicas cubertas e que tampouco quería ir a unha residencia.  A media mañá a funeraria trasladou o cadáver ao tanatorio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade