Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre o condutor que causou un accidente ao circular en sentido contrario pola AP-9

Morre o condutor que causou un accidente ao circular en sentido contrario pola AP-9

Outros dous feridos no sinistro continúan ingresados no Complexo Hospitalario da Coruña

O sinistro, ocorrido á altura de Bergondo, produciuse porque o condutor se confundiu, segundo a Garda Civil

G24.gal 14/11/2022 10:24 Última actualización 14/11/2022 14:25

O condutor do vehículo que o domingo provocou un aparatoso accidente en Bergondo ao circular pola AP-9 en sentido contrario morreu na mañá deste luns debido á gravidade das lesións que presentaba.  

Así o confirman fontes sanitarias, despois de que o home fose ingresado na unidade de coidados intensivos (UCI) do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) cun traumatismo abdominal de prognóstico moi grave.

O falecido, de 72 anos, conducía o vehículo que na tarde deste domingo provocou o grave accidente. Despois de circular durante cinco quilómetros en dirección contraria bateu de fronte conta outro turismo ocupado por unha parella que quedou gravemente ferida. A muller está ingresada na UCI con traumatismo abdominal con prognóstico grave e o home cun traumatismo torácico que está en planta, menos grave.  

O sinistro tivo lugar pasados uns minutos das 18:00 horas do domingo no Viaduto de Mariñán, en Bergondo, cando o condutor do coche que circulaba en sentido contrario "a gran velocidade" porque "se confundiu", segundo informou a Garda Civil, impactou con outro turismo frontalmente.

Foi ao incorporarse á autoestrada e accedeu polo carril de saída, obviando as sinais de prohibición colocadas nas marxes. "En Galicia temos as autoestradas con reforzo de sinalización nos accesos que indican con claridade que se está entrando incorrectamente na autoestrada co que na maioría dos casos é por distracción, por (consumo de) alcol-drogas ou por calquera outra circunstancia que fai que a persoa non vexa a sinalización", explica Héctor Teixeira, desde a Garda Civil.

O brutal choque rexistrouse no viaduto de Mariñán, no concello de Bergondo, e mantivo interrompidos durante un tempo os dous carrís da AP-9 en dirección a Ferrol. Os bombeiros tiveron que intervir para liberar dúas das persoas feridas que quedaron atrapadas no seu vehículo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar