Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un axente aduaneiro no intento de abordaxe dun veleiro con droga nas Canarias

Morre un axente aduaneiro no intento de abordaxe dun veleiro con droga nas Canarias

A embarcación auxiliar que utilizaban os funcionarios de Vixilancia Aduaneira envorcou durante a operación en augas do Atlántico e un deles faleceu

Os tripulantes do veleiro detidos incendiaron o barco para afundilo

G24.gal 19/03/2023 11:15

Un funcionario de 58 anos do Servizo de Vixilancia Aduaneira faleceu o sábado nun accidente durante un intento de abordaxe para inspeccionar un veleiro, presuntamente cargado con estupefaciente, en augas do Atlántico, informou a Axencia Tributaria.

Fontes da Axencia Tributaria explican que o incidente rexistrouse contra as 8:30 horas da mañá do sábado cando se ía proceder a inspeccionar un veleiro ao oeste das Canarias.

Indican que unha embarcación auxiliar do Buque de Operacións Especiais Fulmar da Axencia Tributaria "abarloouse a unhas 700 millas ao oeste das Canarias a un veleiro do que se sospeitaba que podería transportar estupefacientes, para proceder á súa inspección".

Nese momento, a embarcación auxiliar do Servizo de Vixilancia Aduaneira envorcou, o que fixo que caeran ao mar os funcionarios, momento no que os tripulantes do veleiro incendiaron o barco sospeitoso para o seu posterior afundimento.

Tras varios intentos de reanimar o seu compañeiro, os funcionarios da embarcación auxiliar informaron os servizos centrais do servizo aduaneiro do falecemento do axente.

O buque Fulmar diríxese nestes momentos co corpo do funcionario falecido e os catro tripulantes do veleiro detidos ao porto de Melilla, onde se atopa a residencia familiar do funcionario.

A chegada a Melilla espérase para a noite do próximo mércores, aclaran as mesmas fontes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar