Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un home de 71 anos en Cartelle tras saír da vía e caer por un desnivel

Morre un home de 71 anos en Cartelle tras saír da vía e caer por un desnivel

O accidente produciuse arredor as 14:45 horas na estrada OU-404

G24.gal 12/07/2022 18:53 Última actualización 12/07/2022 21:03

Un home de 71 anos faleceu na tarde deste martes tras saírse da vía e caer por un desnivel cando circulaba co seu vehículo pola estrada comarcal ao seu paso polo termo municipal de Cartelle, en Ourense. 

Segundo informaron o 112 Galicia e a Garda Civil, o accidente produciuse sobre as 14:45 horas na estrada OU-404, que comunica as localidades ourensás de Celanova e Barral, cando por causas que se descoñecen o condutor saíu da vía e sufriu un aparatoso accidente. 

Foi un particular o que alertou do ocorrido e dixo que había unha persoa que podía requirir asistencia médica. Ata o lugar desprazouse persoal de emerxencias médicas, cunha ambulancia medicalizada pero que non puido facer nada a pesar dos esforzos realizados. 

Tamén acudiron os Bombeiros da Mancomunidade de Celanova cos equipos de liberación para poder rescatar esta persoa, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.

Xa hai unha investigación aberta, e polo momento trascendeu que o conductor facía uso do cinturón de seguridade cando sufriu a caída.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar