Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un home de 50 anos nun atropelo na Pobra do Caramiñal

Morre un home de 50 anos nun atropelo na Pobra do Caramiñal

O condutor non o viu porque a vítima estaba tendida sobre o asfalto sen roupa reflectora

A autopsia determinará se o home sufrira unha indisposición previa ao atropelo

G24.gal 12/05/2023 09:35 Última actualización 12/05/2023 15:13

Un home de 50 anos faleceu nun atropelo rexistrado na localidade da Pobra do Caramiñal, na comarca coruñesa do Barbanza. O 061 recibiu aviso na central de coordinación contra as 23:51 horas do día anterior. O condutor non puido facer nada por evitalo porque a vítima estaba tendida sobre o asfalto sen ningunha peza de roupa reflectora.

Aínda que nun principio todo apuntaba cara ao atropelo como a causa da morte, haberá que agardar ao resultado da autopsia porque cabe a posibilidade de que o home sufrise unha indisposición e por iso estaba tombado no asfalto no momento do accidente.

Trátase dun varón drogodependente que case cada día percorría a pé a estrada AC-305 que une A Pobra do Caramiñal con Boiro. Malia ser de noite, non levaba ningunha peza reflectora, polo que o condutor do furgón que o atropelou non puido esquivalo.

Ao lugar foi enviada unha ambulancia asistencial de soporte vital básico, ademais de desprazar persoal sanitario de atención primaria, que non puido salvarlle a vida. O condutor deu negativo nas probas de alcol e drogas.

O accidente produciuse no quilómetro 30,4 da AC-305 O accidente produciuse no quilómetro 30,4 da AC-305

Relato dos feitos

"Eu cando saín, que xa estaba na cama, xa me chamou o meu home e xa me atopei co rapaz deitado e dicían que non se sabín nin quen era ", relata unha veciña

Eran ao redor das 12 da noite cando a Policía Local da Pobra do Caramiñal recibía o aviso dun atropelo na AC-305, á altura do quilómetro 30.

"O condutor dunha furgoneta pasou polo lugar e sentiu como un golpe, pero non sabía que pasara. Deu a volta e foi cando se decatou de que atropelara unha persoa. Hai unha testemuña que di que ese señor xa estaba tirado na estrada antes de que a furgoneta o atropelara, lle pasara por riba, vaia", informa Alejandro Trasbach, policía local da Pobra do Caramiñal

"O peón é un varón de 50 anos, veciño de Boiro e en principio, todo indica que estaba tombado no carrildereito da estrada en sentido cara Padrón", apunta  Juan Carlos Rodríguez., sarxento coordinador de atestados do subsector de Tráfico da Coruña

Cando chegou a Policía Local ao lugar dos feitos o home aínda estaba con vida pero as constantes vitais, viron que eran case escasas.

"Non había sangue ningún, soamente cando levantaron o cadáver, na cabeza debeu de ser todo o golpe. Un ollo tíñao moi inchado ou case fóra", explica a veciña

Todo apunta a que a vítima, que non levaba ningunha peza de roupa reflectora e que era drodependente, sufriu unha indisposición, por iso estaba tombado no asfalto. Agora será a autopsia quen determine as causas da morte

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar