Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un traballador de Navantia ao caerlle enriba unha peza metálica

Morre un traballador de Navantia ao caerlle enriba unha peza metálica

Os servizos sanitarios que se desprazaron á factoría non puideron facer nada por salvarlle a vida

Imaxe de arquivo das instalacións de Navantia Imaxe de arquivo das instalacións de Navantia
G24.gal 20/05/2023 14:04 Última actualización 20/05/2023 14:43

Un operario da factoría Navantia, situada no concello de Fene, morreu este sábado ao sufrir un accidente laboral. Segundo a Policía Local, faleceu ao caerlle enriba unha peza metálica.

Ocorreu sobre as 13:00 horas e os servizos sanitarios que se desprazaron ata o lugar non puideron facer nada por salvarlle a vida.

A empresa, que conta con medios propios para situacións de emerxencia, non requiriu de equipos de excarceración externos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade