Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre unha muller de 88 anos atropelada en Toén

Morre unha muller de 88 anos atropelada en Toén

A Garda Civil informou de que a vítima quedou debaixo dunha furgoneta

G24.gal 21/04/2023 11:22 Última actualización 21/04/2023 12:06

Unha muller morreu ao ser atropelada no barrio de Vilar, en Toén, Ourense, e a pesar dos esforzos dos servizos médicos desprazados ata o lugar, foi imposible salvar a súa vida.

A Garda Civil informou de que a vítima quedou debaixo dunha furgoneta, que estaba dando marcha atrás. 

Ata o lugar acudiron axentes do Instituto Armado, bombeiros, o Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Ribadavia e unha ambulancia do 061.

O condutor do vehículo, que saíu ileso, deu negativo na proba de alcol e drogas. Estaba a realizar unha manobra de marcha atrás. O suceso rexistrouse ás 10:30 no punto quilométrico 9,8 da estrada OU-0519.

O equipo de atestados de Ourense instrúe as dilixencias

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar