Restablecido o tráfico ferroviario en Galicia tras máis de seis horas interrompido
Restablecido o tráfico ferroviario en Galicia tras máis de seis horas interrompido
A circulaciòn por tren na vía de alta velocidade de Ourense a Vigo e A Coruña quedou restablecida esta madrugada despois dun corte que foi provocado por un atropelo na vía á altura de Lalín
A ciruculación por tren na vía de alta velocidade de Ourense a Vigo e A Coruña restableceuse tras varias horas cortada na tarde do domingo ao ser atropelada unha persoa que invadiu as vías á altura do lugar da Bouza, na parroquia lalinense de Botos.
Segundo confirmou o 112 Galicia, os feitos sucederon sobre as 18:30 horas do domingo. Nese momento, recibiron a alerta a través do propio Adif, que asegurou que o suceso se produciu nun punto de paso non autorizado.
Con motivo deste suceso, permaneceron cortadas ambas as vías entre A Grandeira e O Irixo e víronse afectados os trens Vigo-Madrid Chamartín. Ademais, a interrupción da circulación afectou tamén os trens que circulan entre Ourense e A Coruña e as súas variantes. Esta incidencia provocou un atraso de varias horas no paso dos trens, o cal deu lugar a queixas de numerosos pasaxeiros afectados por esta situación.
Ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios, que só puideron confirmar o falecemento da persoa. Tamén se requiriu a actuación do GES de Lalín, do Servizo Municipal de Protección Civil e da Garda Civil.